Santo Hadrián en Malpica e outras citas deste domingo na Costa da Morte 

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

MALPICA DE BERGANTIÑOS

ANA GARCÍA

Axenda diaria | En Carballo avanza o San Xoán, hai festas en varios puntos, e tamén teatro, obradoiros ou concertos

22 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • Domingo 22 de xuño e xornada destacada no San Xoán de Carballo [ver aquí], mais tamén con outras citas de calado no resto da Costa da Morte, coma estas:

Malpica • Romaría de Santo Hadrián • En festas de Corpus e Santo Hadrián dende o venres, onte mesmo cunha xornada vén intensa de mans da asociación Mallas de Area, chega hoxe a Malpica o día central, cando menos no relixioso. Hoxe é a Romaría de Santo Hadrián, Festa de Interese Turístico de Galicia. Logo da misa das 07.30 horas da mañá na igrexa de San Xulián de Malpica, sairase en procesión cara o santuario, un percorrido que acompañará a Banda Eduardo Pondal de Corme. Xa na capela, haberá misas ás 10.00, 11.00, 12.00 e 13.00 horas (solemne). Virá despois unha sardiñada popular organizada pola ACD San Xulián e amenizada polo trío La Diferencia. A procesión de volta partirá ás 17.30, con misa prevista para as 19.00 de volta na igrexa parroquial. No musical, programa deseñado por Mallas de Area, a tarde rematará co concerto de Trotabares 2.0 na praza Villar Amigo.

Carballo: Inauguración de exposición: Ás 12.00 horas, no estudo Garabato, apertura da exposición Especies varadas, de Sergio Ordóñez. Arte feito con lixo mariño. Madeira, porcelana, plástico: este é un proxecto artístico concibido para sensibilizar.

Torres do Allo (Zas) • Obradoiro infantil • Nesta data liminal de chegada do verán, o pazo máis antigo de Galicia acolle un obradoiro para rapazada de 5 a 12 anos, a partir das 16.00 e con necesidade de estar inscrito previamente. Elaborarán un amuleto propio para a noite das cachelas. Abren as Torres do Allo, por certo, de 11.00 a 21.00 horas, con visitas guiadas ás 13.00 e 17.30: non teñen custo, mais aconséllase reservar no 655 716 743.

Cee • Escola municipal de Teatro • Chega á súa fin o curso da Escola Municipal de Teatro. Logo da intervención do grupo infantil, xa o venres, hoxe será a quenda para o grupo xuvenil: 20.30 horas, no auditorio Baldomero Cores. Representarán a obra Quero ser grande. Dirixe os grupos Toño Casais.

Sesións vermús e verbenas • Varias localidades • Festexan o Corpus enSofán(Carballo), con sesión vermú a cargo de Martín Reimúndez. Tamén o celebran en Fisterra, con misa ás 11.00 en Santa María das Areas e procesión acompañada pola Banda Desiderio Paz. Terán en Paiosaco (A Laracha) macrosesión vermú a cargo do dúo D’Festa e tardeo con Tomando Party. O dúo La Mecánica amenizará a sesión vermú do Corpus de Brens, no que haberá misa ás 13.00 e procesión acompañada por Mestura Fol. Seguen as celebracións, por outra banda, en Santa Baia de Castro (Coristanco, con oficios relixiosos ás 12.30 e vermú a cargo do Trío Alborada. En Noicela (Carballo) terán misa ás 13.00 con procesión ata o cruceiro das Casadelas, e bailes posteriores amenizados polo dúo Dilema. Deixarán para a tarde, a partir das 17.00, a Festa da Infancia, con inchables, pintacaras e tamén globoflexia. Moitas paradas, pois, para a festa.

Vimianzo • Día da Bicicleta • Paseo en bici polo Val de Soneira que chega á súa 12.ª edición e que sairá ás 11.00 dende a Praza do Concello, con concentración xa dende as 10.30. Os menores de idade han de ir acompañados dun adulto. Casco obrigatorio.

Muxía • Brunh e concerto das Tabernarias • É domingo, e por tanto xeira de brunch no cámping Lago-Mar de Muxía, de 11.00 a 12.30. Hai que sumarlle, de 18.00 a 19.00, un obradoiro de creación teatral con Mariña Lestón: necesaria inscrición.