Presentación en Santiago de «O Vákner, relatos de misterio no Camiño de Fisterra e Muxía»

La Voz

MUXÍA

BASILIO BELLO

Ademais do libro, presentaránse as bases da convocatoria da nova edición de «Territorio Vákner»

11 sep 2024 . Actualizado a las 04:55 h.

Santiago acollerá hoxe a presentación das bases da nova edición do concurso «Territorio Vákner», organizado por La Voz de Galicia e Radio Voz, e do libro «O Vákner, relatos de misterio no Camiño de Fisterra e Muxía». Será a partir das 12 horas nun acto no Hotel Monumento San Francisco que contará coa participación do alcalde de Dumbría, Raúl González; do secretario xeral da Lingua, Valentín García; e do director de La Voz de Galicia, Xosé Luís Vilela, entre outros.

O certame «Territorio Vákner», que conta tanto con categorías para alumado de primaria e ESO como para adultos, busca darlle dimensión literaria a un feito histórico documentado en 1493, cando o bispo armenio Mártiros relatou que se atopara nos montes de Dumbría durante a súa peregrinación cun monstro ao que chamou Vákner.