![](https://img.lavdg.com/sc/Y8tHtx8zqkh2Io75dYDS2mpOA5M=/480x/2025/02/12/00121739377201893935978/Foto/CF13C6F3_171922.jpg)
A carballesa-muxiá compartirá detalles da súa obra «Fóra de campo» cos asistentes á biblioteca Santiago Rey
13 feb 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Mañá • Avanzará mañá en Muxía o programa Lendo Lendas promovido polo Concello co doble fin de animar á lectura e dar a coñecer a biblioteca municipal Santiago Rey Fernández Latorre. A protagonista da sesión —20.00 horas— será a carballesa-muxiá Rosalía Fernández Rial, coa súa obra Fóra de campo (Galaxia), galardoada co Premio Roberto Vidal Bolaño 2024. Conducirá o encontro a técnica de Cultura Miriam Carril, coa participación tamén de Artur Trillo, director da Escola Municipal de Teatro e fundador de Talía.
Rosalía compartirá cos asistentes detalles da súa obra, a cal, sendo un texto teatral, aborda a influencia das redes sociais e o poder das contendas cotiás. Artes escénicas, plásticas e musicais quedan unidas por unha linguaxe contemporánea neste Fóra de campo.