
La delegada terriotorial Belén do Campo visitó la Oficina Móbil Retorno, que hizo parada este viernes en Muxía
15 feb 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Belén do Campo, delegada de la Xunta en la provincia de A Coruña, acompañada por representantes municipales y el director territorial Juan José Couce, visitó ayer la Oficina Móbil de Atención ás Personas Emigrantes Retornadas, que hizo parada en Muxía. Es un innovador recurso, con atención personalizada, para facilitar la integración de los gallegos que regresan a su tierra tras residir en el extranjero. Ya ha recorrido 76 concellos gallegos.

Trasladó asimismo la Xunta: «Ao longo dos vindeiros meses, esta oficina itinerante percorre diversos concellos de Galicia, levando os seus servizos tanto ás áreas rurais como periurbanas. A súa mobilidade permite garantir que todas as persoas retornadas teñan acceso directo á información e ó asesoramento necesarios para un regreso exitoso, independentemente da súa localización xeográfica. Entre os servizos que se ofrecen a través da Oficina Móbil atópanse o asesoramento sobre programas de apoio ao retorno, ofrecendo información actualizada sobre as diferentes axudas económicas e programas dispoñibles para facilitar a integración en Galicia. Tamén se brinda axuda nos trámites administrativos, prestando apoio na realización de xestións relacionadas coa sanidade, educación, Seguridade Social e outras cuestións importantes para a vida cotiá das persoas retornadas. Ademais, inclúese orientación laboral, proporcionando asesoramento para a busca de emprego en Galicia e guía sobre a validación de títulos acadados no estranxeiro. Por último, ofrecésece información sobre vivenda e educación, asistindo ás familias retornadas nas opcións de vivenda dispoñibles e nos recursos educativos para fillas e fillos. Este servizo complementa as oficinas permanentes de atención ao retorno situadas en Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo. A mobilidade da oficina móbil asegura que ningún galego retornado quede sen acceso a estes servizos esenciais, fortalecendo o apoio da Xunta de Galicia á poboación retornada.»