
O municipio ten este ano unha das homenaxeadas. Iso motiva aínda máis un extenso programa, con citas todas as fins de semana
03 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Baixo o paraugas de Muxía Cultural, proxecto do Concello de Muxía e a cooperativa Horta Creativa, levarase a cabo neste municipio un mes enteiro de programación reunida baixo o epígrafe de «Maio das Letras». Será un ano especial, co 17 de maio adicado á poesía popular oral a través das cantareiras, pero máis aínda en Muxía, pois unha das homenaxeadas é de alí, Eva Castiñeira (Agranzón, Ozón). Por iso non será festa un só día, senón moitos, con encontros, charlas, roteiros, presentacións literarias, espectáculos, concertos e, dende logo, tributo a ela, a Eva Castiñeira, retratada na imaxe superior por Pablo Quintana.
Hoxe • Ás 20.00 horas, no Salón do Voluntariado, Axudádeme a cantar, con Felisa Segade e Montse Rivera (Leilía).
10 de maio • Mesa redonda De Eva ás Vellas de Mens: 19.00, Salón do Voluntariado. Cos autores das obras Cantareiras e As Vellas de Mens.
11 de maio • Palestra de Xabier Díaz: As mans na terra. Salón do Voluntariodo, 12.00.
17 de maio • Ruta Abentiana por Muxía con saída do monumento a López Abente ás 11.00. Pola tarde (18.00, Cabo da Vila), Serán das Letras coa Coral Virxe da Barca, Xacarandaina e Abaladeiras. Foliada.
18 de maio • Homenaxe a Eva ás 12.00 en Agranzón. Descubrirase unha placa na súa casa.
24 de maio • Concerto de Antía Muíño: ás 20.00 horas, no Salón do Voluntariado.
Toda a programación será gratuíta e de acceso libre, ata completar o aforo dos diferentes espazos.