
Os nacionalistas solicitarán a inclusión deste recoñecemento na programación cultural do 2025
13 may 2025 . Actualizado a las 18:44 h.O BNG de Muxía pedirá á corporación no vindeiro pleno que inclúa na programación cultural deste ano un recoñecemento nunca feito aos veciños e veciñas que recolleron, mantiveron e transmitiron patrimonio oral. Particularmente, e aproveitando o fío das Letras Galegas, aos informantes de Dorothé Schubarth para o Cancioneiro popular galego: Delfina Trillo Vilela (Delfina de Añobres, Moraime); Elisa Sánchez Varela (Elisa da China, de Añobres); Esperanza Trillo, de Lourido; María Esther Álvarez, de Santa Mariña, Coucieiro; Dolores Búa Barrientos, de Muxía, e Francisco Canosa Barrientos, O Nemiñán, de Risamonde. Con esta proposta, o grupo nacionalistas quere destacar a contribución cultural do municipio de Muxía «ao patrimonio de todos os galegos e galegas».