O Festival Comarea volve a Muxía, no mes de decembro 

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

MUXÍA

Un dos concertos da edición 2024
Un dos concertos da edición 2024 COMAREA

Incluirá concertos, faladoiros, obradoiros e outras actividades en distintas localizacións

17 oct 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Do 4 ao 7 de decembro • Organizado pola cooperativa cultural Horta Creativa, volverá a Muxía, do 4 ao 7 de decembro, o festival Comarea. Na procura dunha «experiencia integral», incluirá concertos, faladoiros, obradoiros e outras actividades en distintas localizacións da localidade, erixíndose en «manifesto a favor da cultura no rural». Dende os seus inicios, no 2015, busca desestacionalizar propostas, a interxeracionalidade e diversidade en estilos. En vindeiros días, cartel e entradas.