Será este venres, coas escritoras Mayte Corbillón e Antía Yáñez como participantes
23 oct 2025 . Actualizado a las 19:37 h.Hoxe • Con motivo do Día das Bibliotecas acollerá esta tarde (17.30) a biblioteca Santiago Rey de Muxía un Encontro coas letras. Nel participarán as escritoras Mayte Corbillón e Antía Yáñez, compartindo co público unha conversa arredor da saúde mental nas historias, temática que tamén conecta co Día da Saúde Mental, o pasado 10 de outubro. Na vila da Barca vén de iniciar ademais andaina un Club de Lectura, elixindo como obra primeira, precisamente, unha de Antía Yáñez: Senlleiras.
«As bibliotecas son moito máis ca espazos para gardar libros: son lugares de encontro, de aprendizaxe e de coidado emocional. Queremos que a nosa biblioteca sexa un punto de referencia cultural e humano en Muxía», apunta a edila de Cultura, Sandra Vilela, quen tamén festexa o club de lectura como «unha iniciativa que nos enche de ilusión, unha xanela á reflexión colectiva». Cuestións como a saúde mental, pero tamén o feminismo ou a diversidade serán motivo de lectura: «A literatura axúdanos a entendernos mellor e a coidar un dos outros», engade a concelleira muxiá.