É unha das asiduas. Non hai ano que non lle poña música ás letras no Couto
18 may 2017 . Actualizado a las 05:00 h.É unha das asiduas. Non hai ano que non lle poña música ás letras no Couto. Esta vez fíxoo con moito ritmo. Unha cantante en permanente evolución. Cada ano amosa unha nova versión, neste caso enerxía para O mundo que está parado. Cancións de amor, Lágrimas para diamante. O ritmo crecía por momento e o público da Casa dos Veciños, onde o clima nestas noites de Festiletras é especial, palmeaba e cantaba con ela Chea de vida. Fóra había claridade, nas agras de Cospindo a luz da lúa reflexaba nas leiras de herba verde. Dentro, a música lucía. Guadi sábeo e por iso sempre se entrega. Aínda así había algunhas cadeiras valeiras e máis xente da bisbarra ca do propio Ponteceso. Rematou o concerto co público de pé: Sete vidas para poder amar a mares. Unha gran noite na que contou coa complicidade dos seus excompañeiros en Berrogüetto Guillermo Fernández, cos seus primorosos punteos, e Isaac Palacín.