José Manuel Pose Verdes, APIN Ponteceso: «O primeiro que temos que rematar son os saneamentos»

F. Rodríguez / C. VIU CARBALLO / LA VOZ

PONTECESO

A carreira electoral | O voceiro de APIN di que vai ser moi difícil que poidan chegar a acordos máis polas persoas que polos partidos políticos

09 may 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

José Manuel Pose Verdes participa de novo nas eleccións en Ponteceso ao fronte de APIN, aínda que esta vez con Espazo Común en lugar de SON, por cuestións propias dese partido.

—Xa é un político experimentado e formou parte do goberno tripartito hai oito anos. Agora son sete os partidos que se presentan en Ponteceso. Que opina?

—Se escoitamos a algúns grupos din que non houbo oposición no Concello de Ponteceso eu, modestamente, creo podemos falar de que moita xente non sabía o que é un extraxudicial, un remanente ou unha partida orzamentaria. É dicir, estivemos na oposición con José Luis Fondo moito tempo con estes temas e estudando porque unha cousa é ter claro o que queres facer e outra manter unhas regras e unhas leis que non é fácil saber esas cousas. Creo que fixemos unha grande e moi boa oposición.

—Que lle parece o acontecido nos últimos catro anos?

—Foi un auténtico desastre, pero se nos fixamos nos outros partidos, desapareceron os cabeza e lista e os primeiros. No PP estaba agora que si tiñan que cambiar algún concelleiro entraba o número 13. Non se dan conta de que se a xente votou por ti para facer oposición tes que estar aí en lugar de escapar e, nalgúns casos, aparecer agora noutras listas e o mesmo o tema dos, digamos, tránsfugas. Si, estaban moi unidos, pero cando quixeron facer un partido ou unha agrupación para presentarse xa tiveron problemas entre eles polo que hai algo máis que buscar o ben da xente, hai algo oculto que non entendo moi ben.

—Que pensa de que o alcalde empezara cunha maioría absoluta e rematara con minoría?

—O alcalde é moi especial, non se dá conta do dano que lle fixo a Ponteceso porque se unha persoa por moitos 8 concelleiros que teña está nunha minoría tan pequena o que ten que facer é dimitir. O que non pode é seguir pelexando, esnafrándose porque agora está a facer cousas sen sentido, sen unha idea concreta do que quere facer para que vexan que si, que traballa.

—Posibles pactos?

—Temos que volver a falar dos díscolos, que agora son dous grupos. Non vamos poder estar catro anos máis así e sen negociacións, porque as do alcalde son de todo menos negociacións. Non había forma de consensuar nada. Vai ser difícil que poidamos chegar a acordos con determinadas persoas

—Programa electoral?

—Sabemos as necesidades importantes. O primeiro que temos que rematar son os saneamentos en tódalas parroquias. Queremos que o Concello leve o ciclo da auga, mellorar os aparcamentos e que cando remate a concesión do parque eólico da Barda que pase a ser que o represente o Concello.

A lista

1. José Manuel Pose Verdes

2. Adrián Carlos Laíño Gallegos

3. Susana María Toja Blanco.

4. María Carmen Mato González

5. José Francisco García García

6. Eliseo Suárez Trigo

7. María Dolores Amarelle Pose

8. María de la Cruz Rodríguez Mato

9. Eduardo Varela López

10. María Elisa Mourelle Moreira

11. María Estrella Castro Varela

12. María Dolores Doldán García

13. Alba Pose Gontad

Suplentes

1. Alejandro Santos García

2. Marco Antonio Varela Vidal

3. Adrián Pose Gontad

Preferencias

  • A que hora se ergue? De 7,30 a 8.00
  • Que almorza? Café e galletas
  • Prato preferido As carnes á grella
  • Que non comería? Probo de todo
  • Bebida preferida Viño
  • Equipo de fútbol Non son futbolero
  • Que coche ten? Mercedes
  • Unha afección Paseos ao lado do río
  • Un lugar A Barra
  • Unha rede social? Facebook

Artes e letras

  • Escritor/a favorito/a Teño moitos
  • Último libro que leu Un de Ruiz Zafón
  • Última película que viu Vexo moitas, pero non recordo
  • Un/a artista Julia Roberts
  • Un actor Javier Bardem
  • Unha actriz Julia Roberts
  • Un/a cantante ou grupo Serrat
  • Tipo de música Cantautor e Pop dos 80
  • Deporte que practica Camiñar
  • Unha viaxe pendente A Grecia