
Conmemorouse onte na vila pontecesá o 116 aniversario da primeira interpretación do himno
21 dic 2023 . Actualizado a las 05:00 h.Coincidindo co 116 aniversario da primeira interpretación do Himno Galego, Ponteceso e Mondoñedo seguiron afianzando vínculos nunha xornada de convivencia entre escolares dos dous municipios que se celebrou onte mesmo.
Alumnado do CEIP Eduardo Pondal e do CEIP As Forcadas, así como de centros educativos mindonienses, participaron nun acto de homenaxe que tivo como acto central a interpretación do himno por parte da vimiancesa Irma Macías, vocalista de Luar na Lubre. Foi no xardín da casa do bardo Pondal e estivo acompañada nos coros polos propios estudantes.
O alcalde pontecesán, José Manuel Mato; o director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e o edil mindoniense de Cultura, Alberto García, estiveron tamén presentes na xornada, que culminou cunha ofrenda floral.
Ademais, os rapaces de Mondoñedo aproveitaron para coñecer diferentes puntos de interese do municipio.