Volve o curso de monitorado de tempo libre da Fundación Pondal 

La Voz CARBALLO / LA VOZ

PONTECESO

Xa está aberto o prazo de preinscrición. A formación estenderase dende o 23 de febreiro ata o 23 de xuño

14 ene 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

A Fundación Eduardo Pondal de Ponteceso, con sede no Couto, promove unha nova edición do seu curso de monitorado de tempo libre, que se desenvolverá entre o 23 de febreiro e o 23 de xuño, durante catro meses por tanto. É unha proposta formativa dirixida a maiores de 18 anos, con prazas limitadas e necesaria inscrición previa a través do correo cursomonitoradotempolibre@gmail.com. O período de preinscrición ficou xa aberta este pasado luns 8 de xaneiro e prolongarase ata o 27 deste mesmo mes. Ese día, ás cinco da tarde, haberá unha reunión na sede da fundación para comentar como será o desenvolvemento do curso. Cómpre lembrar que haberá que aboar taxas e seguros. A iniciativa inclúe formación en monitorado e tamén distintas prácticas de convivencia.