
Alumnado do instituto pontecesán participou da conmemoración do aniversario do bautismo do bardo en Cospindo
11 feb 2025 . Actualizado a las 00:53 h.Seguro que ninguén quedou pechado. Cun xogo de escapismo, doado de resolver se antes estiveran atentos, e mesmo coa elaboración dun Himno propio, remataron onte 27 alumnos de primeiro da ESO do instituto Eduardo Pondal de Ponteceso, a súa conmemoración do bautismo do bardo Pondal en Cospindo (1835). Tiveron almorzo na sede da Fundación, así como explicacións sobre o poeta, sobre a súa irmá Eduarda, sobre Rosalía e o Rexurdimento. Cóntao a docente de lingua galega, Uxía Varela, para a ocasión Curros Enríquez. Outros dous docentes do IES Interpretaron a Pondal e Rosalía: Rubén Amado e Eva García. Ata o propio Eduardo enviou carta para os rapaces.