
Nuns días remata tamén o prazo para participar no certame de coplas de entroido, que rinde homenaxe este ano a Xelucho Abella
15 feb 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Está en marcha a convocatoria dun novo curso de monitorado de tempo libre da Escola de Tempo Libre Eduardo Pondal, iniciativa da fundación homónima, con sede no Couto, Ponteceso. Comunica a organización que restan as últimas prazas, polo que os interesados aínda están a tempo de anotarse. A inscrición pecharíase oficialmente o día 22, cun custe de 90 euros a pagar no momento de anotarse, ademais de 20 por seguros e taxas. A formación estenderase dende marzo a xuño, con parte téorica (200 euros) e práctica (100).
Concurso de coplas
Doutro lado, Fundación, Casa da Muller e Monte Branco teñen convocado un concurso de coplas de entroido, este ano con Xelucho Abella como figura homenaxeada. O prazo rematará este luns. Máis detalles, aquí.