A Paula Alvarellos Fondo

Os seus amigos de Ponteceso

PONTECESO

Imagen de la alcaldesa Paula Alvarellos, en la Casa Consitorial
Imagen de la alcaldesa Paula Alvarellos, en la Casa Consitorial LAURA LEIRAS

«Habémoste de botar moito a faltar. O mundo sen ti é máis escuro e triste»

05 mar 2025 . Actualizado a las 15:33 h.

Moi afectados pola morte tan temperá da nosa Paula fixemos un ramiño de mirtos e camelias, un leito sin espiñas para ela, tan fermosa. Nacendo na pequena Ponteceso amou e traballou polo seu Lugo, que a adoptou como filla própia e a fixo con honores a súa Alcaldesa.

Era unha avogada e unha servidora pública vocacional. Muller sempre de diálogo, acreditaba que no acordo gañamos todos. E no personal sabía crear ambientes onde todas as persoas nos sentíamos cómodas, valoradas e como na casa.

Hoxe, en Tella (Ponteceso) dámoslle a súa despedida, entre toda a xente que ela amou, axudou como avogada e disfrutou en armonía desde nena.

Paula, habémoste de botar moito a faltar. O mundo sen ti é máis escuro e triste.

Boa viaxe e até pronto!

Este venres, día 7, ás 7 da tarde, haberá unha misa-funeral na súa memoria.