
Foi adquirido por Ricardo Pérez y Verdes nun anticuario en Madrid
02 may 2025 . Actualizado a las 00:21 h.Orixinal e case única, unha xoia. No seu incansable labor de procurar pezas coas que engrandecer o Museo Etnolúdico de Galicia, o Melga de Ponteceso, Ricardo Pérez y Verdes vén de atopar nun anticuario en Madrid un dobre bambán de bonecas trenzado de madeira, fabricado en Saarbrücken (Alemaña), nos anos 20-30 do século pasado. Con mínimos danos, tan só precisou un lavado de cara e axiña pasará a expoñerse.