Unha casa chea no inicio de curso da Casa da Muller, en Ponteceso 

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

PONTECESO

ANA GARCÍA

Máis de cen persoas asistirán no Couto ás sesións, coas temáticas máis diversas, de luns a venres

23 sep 2025 . Actualizado a las 12:05 h.

É un gusto ver as casas cheas de xente, e iso foi o que ocorreu onte pola tarde, na hora da merenda, na Casa do Cura ou sede da Fundación Pondal, no Couto, Ponteceso. Presentábase un novo curso da Casa da Muller, entidade cuxa directiva preside Uxía Varela, e a resposta foi total. «Non é só que teñamos moita xente, senón que chegou xente nova», festexa. Faino atraída por novas actividades que se suman aos clásicos que tiran: «Incorporamos ximnasia de mantemento, pintura, xadrez...».

As sesións serán de luns a venres pola tarde, con espazo para saídas e tamén para charlas sobre consumo ou saúde. Máis de cen anotados que iniciarán curso o vindeiro luns, compartindo tempo e aprendizaxe. Tamén a directiva ten novidades, coas incorporacións de Susana, Elena e José, estes dous últimos loados voluntarios sénior da Escola de Verán.