Descubrir o Melga, un tesouro en Ponteceso

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

PONTECESO

Integrantes da Asociación Amas de Casa coñeceron o museo este martes

23 oct 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Confesaron algunhas non saber que existía tal cousa en Ponteceso, pero xa o descubriron, e ademais da man do seu inmellorable guía, Ricardo Pérez y Verdes. Case 40 integrantes da Asociación de Amas de Casa de Ponteceso, a inmensa maioría mulleres, visitaron o martes o Museo Etnolúdico de Galicia, o Melga. Acudiron comandadas por Aurora María Jorge. Despois tiveron magosto.