Brandoñas, onde se unen terra e auga

EVARISTO DOMÍNGUEZ RIAL ZAS

VIMIANZO

A construcción do embalse de Fervenza, que asolagou unha boa parte das súas leiras, cambiou o curso da pequena historia desta parroquia A parroquia de Brandoñas ocupa o extremo meridional do Concello de Zas, feito compartido coa de Brandomil. É a última que quedaba por estudiar dentro do concello e, como nas anteriores, o que segue é froito da investigación conxunta de Xosé María Lema e de quen suscribe. Nesta localidade hai un feito verdadeiramente protagonista: a auga. Un importante espacio de Brandoñas está baixo o encoro de Fervenza. A metade dos lindes son con Mazaricos (Alborés e Baos, sur), Vimianzo (Baíñas, oeste), Brandomil (leste) e Muíño (norte). Está plenamente integrada na comarca da Terra de Xallas, en tódolos aspectos, agás os administrativos.

17 mar 2001 . Actualizado a las 06:00 h.

A importancia de auga en Brandoñas é capital, toda vez que unha importante parte do seu espacio está baixo as augas do encoro da Fervenza. De feito, terras de cultivo de aldeas como Vilarcovo, Barral ou Pego quedaran anegadas e os seus habitantes víronse na abriga de emigrar a outros lares. Queremos deixar constancia da excelente vista paisaxística que se pode ver nos arredores de Vilarcovo cando, no verán, as augas baixan algo de nivel. É tamén un lugar no que se poden ver moitas aves acuáticas. A destacar que as partes do seu territorio que quedan por debaixo dos 290 metros están anegadas polas augas do encoro, sobre o río Xallas, rematado de contruír en 1965. Brandoñas é a parroquia máis afastada da casa consistorial, xa que ningún dos seus asentamentos se atopa a menos de 14 quilómetros e incluso, Pedrouzos e Xestosa, igualan ou superan os 16. Entre a aldea máis meridional, A Xestosa, e Fornelos-Baio, os extremos septentrional e meridional dos municipios de Zas, hai máis de 27 qiilómnetros de distancia. A altitude media desta parroquia ronda os 325 metros.