19 abr 2013 . Actualizado a las 07:00 h.
A exposición «Sentires de sentimentos no tempo», que inclúe obras realizadas nos últimos anos por Chelo Lema Varela, poderá verse dende mañá na sala de exposicións dedicada ao artista Antón Mouzo na Casa da Cultura de Vimianzo e pola que xa pasaron os traballos do escultor Suso Fuentes Canosa, do fotógrafo Antonio Nodar e do pintor Xurxo Martiño.
A mostra de Chelo Lema será inaugurada mañá ás oito da tarde e poderá verse ata o vindeiro 16 de xuño. O horario de visita será de 10.00 a 14.30 e de 16.00 a 20.00 horas, de luns a venres, e de 10.00 a 13.00 horas os sábados. A entrada é libre e gratuíta.