
Dende agora ata xuño, haberá moi diversos espectáculos
11 feb 2016 . Actualizado a las 05:00 h.Febreiro pequeneiro
Sábado 13. «A casa do Avó». Tanxarina abrirá este sábado o programa cun espectáculo de monicreques protagonizado por Eduardo Rodríguez, Miguel Borines e Andrés Giráldez. 18.30. Gratis.
Sábado 20. «Espantallo amigo». Lucho Penabade e Tero Rodríguez dan vida ás personaxes desta adaptación que Os Quinquilláns realizaron da obra de Xosé Neira Vilas. 18.30 horas. Gratis.
Sábado 27. «A xogar, cantar e bailar» e «Fíos do querer». Cé Orquesta Pantasma pecha os actos de febreiro con dous dos seus espectáculos musicais. 18.30. Gratis.
Marzo lareteiro
Sábado 5. «Pementeiras». Ramón Torrente García é o autor e o director desta obra de Xoré Teatro protagonizada por Ana Domínguez Chouza e Rebeca Oliveira García pensada para por en valor o traballo da muller. 21.00. 2,5 euros.
Sábado 12. «Chungo monólogo e Petróleo». O actor Luis Zahera repasa algunhas das experiencias vitais e profesionais que o levaron a interpretar moitos papeis de tipo «chungo». 21.00. 2,5 euros.
Sábado 19. «Almiñas». Tres historias de xente inocente compoñen esta proposta do actor, autor e director Quico Cadaval. 21.00. Gratis.
Abril verdadeiro
Sábado 2. «As Lavandeiras». Vero Rinlo pon a interpretación e Santi Prieto a música a unha obra que recolle o legado de historias e músicas que naceu á beira dos ríos fregando a roupa. 21. Gratis.
Sábado 9. «Foucellas». O famoso maquis da nome á nova peza de Talía. Un texto escrito e dirixido por Cándido Pazó e que cobra vida encarnándose en Toño Casais, Artur Trillo, María Ordóñez e Dani Trillo. 21.00. 3,5 euros.
Sábado 16. «Utopía». Leo Bassi, o iconoclasta cómico italiano incluíu Vimianzo na súa nova visita a Galicia. 21 horas. Gratis.
Sábado 23. «Fados». O cine tamén terá un oco neste programa a través da película documental que Carlos Saura lle dedicou á música máis famosa do país veciño. 21. Gratis.
Maio persoeiro
Sábado 7. «Onde está o Mago Antón». O famoso ilusionista visita Vimianzo disposto a sorprender ao público. 21. 2,5 euros.
Sábado 14. «O asombro con Manuel María». Os versos do poeta lucense e de Uxío Novoneyra inspiran esta obra de Fantoches Baj interpretada por Inacio Vilariño (tamén director) e Benxamín Otero. 21 horas. Gratis.
Sábado 21. «A filla de Woody Allen». Ibuprofeno Teatro pon en escena unha obra creada por Santiago Cortegoso, Carmela Bueno e Marián Bañobre. 21 horas. 2,5 euros.
Sábado 28. «Memorias das memorias dun neno labrego». Cándido Pazó pecha a programación cunha homenaxe escénica ao título clásico de Xosé Neira Vilas. 21.00. 2,5 euros.