Filloas en Vimianzo e sobremesa de Lyon en Carballo: días de sabor

La Voz CARBALLO / LA VOZ

VIMIANZO

BASILIO BELLO

A fin de semana deixou varias citas gastronómicas na comarca. A ningunha lle faltou asistencia 

14 feb 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Foi o sábado día de orgullo, de tradición e de baile en Vimianzo. A estrea de «Tempos de nubeiros» levou a moitos á Casa da Cultura, pero tampouco faltou resposta na Praza do Concello, onde a Festa da Filloa, as atraccións para os máis pequenos e as actuacións musicais tamén tiveron o seu público. Tocou noite de frío, a espelir con baile e gastronomía.

Ana García

Unhas 24 horas antes tamén se puxeron «man á masa» en Carballo, neste caso no Fórum e da man do Comité de Irmanamento de Carballo con L’Isle Jourdain. Promoveron un obradoiro de repostería francesa e viaxaron ata Lyon, «capital mundial gastronómica dende 1935». Ao tempo que aprenderon historia, xeografía ou curiosidades, crearon da man de María Fuentes e José Antonio Deus, próximos e profesionais, unha saborosa sobremesa: Bugnes Lyonnaises. Asistentes de distintas idades compartiron experiencia, aprendizaxe e diversión en torno a esta nova proposta interxeracional do comité.