Parabéns para os arqueiros Yago Rellán e Nico Soto

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

VIMIANZO

Ambos tiveron unha destacada participación no Campionato de España de Tiro con Arco en Sala

12 feb 2025 . Actualizado a las 20:15 h.

Con agarimo e admiración recibiuse o martes a Yago Rellán e Nico Soto, logo da súa destacada participación no Campionato de España de Tiro con Arco en Sala, ao que acudiron co seu adestrador, Víctor Santos. Nico e Yago son dúas promesas do club vimiancés Dousxsetenta, e deles destacan compromiso e entrega. Soto non logrou superar o corte para as eliminatorias e Rellán, do seu lado, clasificouse no posto 32 da competición individual, o que para o club amosa a súa proxección. Foi ademais un dos representantes de Galicia na categoría por equipos Sub15 masculina. «A entrega, o esforzo e a paixón por este deporte que transmitides son todo un orgullo para nós. Estamos seguros de que a vosa traxectoria aínda acaba de comezar e lograredes chegar moi lonxe», trasladou o Concello para Nico e Yago a modo de parabéns. Dousxsetenta tamén manifesta o «orgullo» polo nivel que amosaron.