O auditorio vimiancés acolleu a xénese de «Sol fuerza», o novo de Aantena

La Voz CARBALLO / LA VOZ

VIMIANZO

ANA GARCÍA

Manu Fernández, Virxinia Bermúdez e Lucía Veiga protagonizan a obra, dirixida por Xosé Leis

25 feb 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Recunca o Concello de Vimianzo no programa de residencias artísticas, que facilita a cooperación institucional con creadores de distintas disciplinas para que estes poidan desenvolver os seus proxectos. Desta banda, este programa deu acubillo á xénese de Sol fuerza, a nova produción da compañía Aantena que se puido ver o sábado por vez primeira sobre as táboas do auditorio da Casa da Cultura vimiancesa.

Un auditorio, comentan desde Aantena, que se encheu para gozar «dunha historia de promesas luminosas e verdades apagadas», apuntan. Houbo nervios, houbo emoción e houbo chispa, aínda que, bromean dende a compañía, só de xeito figurado. «Dende os anos cincuenta ata hoxe, Sol fuerza trenza as historias de Filek, Heliodoro e os nosos tempos modernos, entrecruzando memoria, humor e a eterna pregunta galega: ‘‘Isto é progreso ou outro conto ben contado?''», explican dende Aantena.

Agradecen non só ao público que asistiu á función do sábado, senón tamén ao Concello de Vimianzo, por proporcionar «casa e escenario» para desenvolver este novo proxecto, e á Axencia Galega de Industrias Culturais, «polo apoio ao teatro galego».