Deputación e Concello de Vimianzo renovan convenio de xestión dos Batáns e castelo
VIMIANZO

O ente provincial achega 120.000 euros, 102.000 para a fortaleza e 18.000 para o conxunto etnográfico
14 mar 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Xosé Penas, responsable de Patrimonio da Deputación, e Mónica Rodríguez, alcaldesa de Vimianzo, veñen de renovar o convenio de cooperación para a xestión do Castelo e os Batáns do Mosquetín. O ente provincial achega 120.000 euros, 102.000 para a fortaleza e 18.000 para os Batáns.
Terá o Concello a obriga de achegar persoal para a atención de visitantes, así como de abrir os centros nos horarios estipulados: de martes a domingo no castelo, a excepción de 22 de maio, 25 de decembro e 1 de xaneiro, e de luns a domingo nos Batáns, elaborando estatísticas mensuais. Tamén o consistorio se compromete a promover exposicións, visitas guiadas e teatralizadas, Mostra ao Vivo, unidades didácticas, rutas, relatorios, obradoiros... Trátase de facer do visitante un actor activo, dixo Penas. O convenio permitirá, segundo a alcaldesa, «seguir impulsando o noso patrimonio».