Vimianzo abre as Residencias Paraíso 2025

La Voz CARBALLO / LA VOZ

VIMIANZO

.

O creador galego Antón Yanguas estará traballando no proxecto de investigación Open Call

22 abr 2025 . Actualizado a las 18:46 h.

O colectivo RPM vén de abrir as Residencias Paraíso 2025 na Casa da Cultura de Vimianzo coa residencia do creador galego Antón Yanguas, que estará traballando no proxecto de investigación Open Call. Nel aborda o mundo das convocatorias artísticas e a exposición continua da figura do bailarín. No día de onte foi recibido pola alcaldesa, Mónica Rodríguez. O programa, no que tamén serán espazos para o desenvolvemento o Pazo da Cultura de Carballo e a casa cultural de Corcubión, conta co apoio de numerosas entidades. A rexedora vimiancesa desexoulle sorte nesta etapa, mentres que Yanguas mostrouse moi ilusionado e agradecido.