Nunha xornada formativa do Comité Galego de Adestradores, houbo tempo, tamén, para as homenaxes
18 jun 2025 . Actualizado a las 17:54 h.Máis de douscentos técnicos de fútbol de todas as categorías participaron o pasado luns en Vimianzo nas Xornadas de Actualización e Reciclaxe do Comité Galego. Houbo relatores de primeiro nivel (Pablo López e Óscar Gilsanz) e homenaxeados da Costa (na imaxe, José Manuel Fernández, Fernando Uxío e Carlos Lema) pola súa dedicación. O subdelegado costeiro, Manolo Corredoira, tamén foi galardoado pola súa experiencia nos bancos.