Zas reparte libros de Labarta Pose por las bibliotecas de 17 municipios da zona
CARBALLO / LA VOZ
ZAS
O obxectivo, indican dende o Concello, é seguir divulgando a figura do autor baiés
28 dic 2024 . Actualizado a las 05:00 h.O Concello de Zas prosigue no seu labor de divulgación da figura de Enrique Labarta Pose enviando ás bibliotecas municipais de dezasete municipios da contorna sendos exemplares da Antoloxía poética do autor baiés e do libro infantil O poeta da terra.
Logo desta última remesa, son xa máis dun milleiro os volumes que o Concello ten repartido por bibliotecas, centros educativos e membros da Real Academia. Unha forma, di o alcalde, Manuel Muíño, de achegar a figura do escritor á veciñanza.