Sentida conmemoración en Baio polo centenario do pasamento de Labarta Pose

La Voz CARBALLO / LA VOZ

ZAS

Participaron ducias de escolares, persoeiros da comarca e representantes da RAG, do Museo do Pobo Galego e do Consello da Cultura Galega

13 may 2025 . Actualizado a las 15:47 h.

Nun sentido acto no que participaron ducias de escolares do municipio, o Concello de Zas celebrou este martes o centenario do falecemento de Enrique Labarta Pose.

Celebrouse na Praza Jorge Mira Pérez de Baio, onde se descubriu un monumento conmemorativo, e participaron membros da Comisión Labarta Pose, que traballa para que se lle dedique o Día das Letras Galegas ao poeta baiés; persoeiros da comarca, a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez; a responsable do Museo do Pobo Galego, Concha Losada; o académico numerario Manolo González e unha das integrantes da Comisión Executiva da RAG, María Dolores Sánchez.