
Nas Torres do Allo, multideportivo, dixital ou DeporCampus: de todo iso haberá para elixir
05 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Preparan dende o Concello de Zas para este verán un «ambicioso programa», en palabras do alcalde, Manuel Muíño, e del veñen de avanzarse citas estrela como son os campamentos para rapazada. Unha combinación de ocio e conciliación familiar.
No caso dos que se leven a cabo nas Torres do Allo, para nenos de 3 a 12 anos, haberá cinco quendas do 23 de xuño ao 5 de setembro e opción de madrugadores de 08.45 a 10.00 horas. Serán 15 euros por neno, 10 a maiores de empregar madrugadores.
O campamento multideportivo nos pavillóns de Baio e Zas tamén terá ese custo e dúas quendas, para nenos de 8 a 15 anos. Gratuíto, en cambio, será o dixital, para rapaces de 9 a 14 anos, do 21 de xullo ao 4 de agosto. Finalmente, o Platas Reinoso volverá ser sede do DeporCampus, a finais de xullo. Para inscricións, 981 751 398 ou 981 718 056.