Volven as visitas guiadas a Brandomil, e ademais intensificadas

La Voz CARBALLO / LA VOZ

ZAS

ANA GARCÍA

Haberaas a partir do 15 de xuño, ata o 31 de agosto, luns, mércores e venres

08 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A partir do 15 de xuño • Un ano máis, Concello de Zas e Fundación Brandomil poñerán en marcha un programa de visitas guiadas de verán ao patrimonio histórico e arqueolóxico de Brandomil. A iniciativa, comunicou o Concello, ten como fin «dar a coñecer a riqueza patrimonial desta contorna única». A novidade deste 2025 pasa polo incremento da frecuencia das visitas, que serán luns, mércores e venres ás 12.00 horas, fronte ao único día que se ofrecía en anos anteriores. Desenvolveranse os percorridos entre o 15 de xuño e o 31 de agosto, e serán totalmente gratuítos, mais con necesidade de inscrición previa, a través do formulario web habilitado ou do 981 718 056. Haberá opción de concertar visitas para grupos fóra destes días establecidos.

«Este programa representa un compromiso firme coa posta en valor do legado histórico de Brandomil, promovendo tanto o seu coñecemento como a súa protección, ao tempo que se dinamiza a actividade turística e cultural», apunta o Concello.