
Moito mudaron os carteis dende o inicio. Están todos expostos nunha mostra na Praza do Concello. Hoxe segue a Semana Cultural
07 ago 2025 . Actualizado a las 01:08 h.Na Praza do Concello de Zas poden visitarse en exposición os carteis de todas as Festas da Carballeira celebradas, ata esta 40.ª edicion, prevista para esta fin de semana. «Apréciase como foi empezando como festa lúdica entre amigos e logo profesionalizando, a entrada tamén de deseñadores...», guiou Muíño. Zas ten en marcha a Semana Cultural previa a esta cite, hoxe con máis obradoiros infantís (12.00 e 17.00), co documental Lévame a idea (19.00) e co monólogo Enredada a cargo de Leti da Taberna (21.00).