
O escritor, da Piroga, recibiu tamén os parabéns dos Concellos de Vimianzo e Zas
02 sep 2025 . Actualizado a las 05:00 h.«Un deses homes que levan Galicia no corazón e na obra. Escritor, investigador, mestre e activista cultural, dedicou a súa vida a defender a lingua, a contar as nosas historias e a poñer en valor a riqueza das aldeas e das súas xentes». Todo iso valeulle ao soneirán Xosé María Lema o premio Careón que lle será entregado este vindeiro sábado, 6 de setembro, en Palas de Rei, dentro do evento cultural Son d’Aldea. Da concesión do galardón xa se fixo eco La Voz no seu día, mais nas últimas horas, tanto o Concello de Zas como o de Vimianzo fixeron públicos os seus parabéns a Lema, da Piroga. «Un dos nosos colaboradores máis destacados en diversos proxectos, así como autor, con Evaristo Domínguez, do libro Zas polo miúdo», precisou o primeiro.