
Unhas vinte persoas participaron no percorrido promovido por A Fonte de Fornelos
02 oct 2025 . Actualizado a las 18:23 h.Arredor de vinte persoas gozaron o domingo dun roteiro por Zas, iniciativa da asociación A Fonte de Fornelos (Baio). Pasaron os participantes por lugares como Santo Hadrián de Castro, Berbia, Romelle, O Peón, As Hedreiras ou Rial de Abaixo. Acompañou o tempo permitindo «un percorrido agradable a carón do río e visitando as carballeiras xa vestidas de outono». Aínda así, debido ás choivas do día anterior, o xantar houbo de facerse a cuberto. Agradece a entidade a colaboración do Concello, que brindou persoal como guía e acompañamento en todo momento. Fíxose asemade o ofrecemento de dous novos roteiros que nun futuro poderán percorrer os que así o decidan.