Seguen caendo en Zas as Follas de Outono literarias: máis citas por vir

La Voz CARBALLO / LA VOZ

ZAS

BASILIO BELLO

Por diante, outras tres propostas para as vindeiras semanas

28 oct 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O ciclo literario Follas de Outono, que promove o Concello de Zas, xa superou o seu ecuador cunha dobre proposta da que o público puido gozar este pasado domingo no auditorio do centro sociocultural de Baio. Por unha banda, María Lado presentou Canta miña compañeira. O legado das cantareiras, publicada en torno á dedicación do Día das Letras Galegas ao cancioneiro popular. Despois, e seguindo coa mesma temática, alumnado do CEIP Labarta Pose baiés interpretou unha peza teatral denominada Cantareiras.

BASILIO BELLO

Por diante, outras tres propostas para as vindeiras tres semanas: a representación de Brazaletes, de Amorodio Teatro, no IES Maximino Romero de Lema (xoves 30); un encontro coas letras ao abeiro do proxecto provincial de fomento da lectura, no auditorio de Baio (luns 10 de novembro, ás 16.30) e unha conversa coa académica Fina Casalderrey e coas voces de Adro en torno á figura das cantareiras. Esta última será o domingo 16, de novo no auditorio (18.00) e estará presentada pola xornalista Patricia Blanco e por Álex Insua.