«O noso reto é conseguir un enlace nacional e unha ruta ao estranxeiro neste ano»

La Voz

A CORUÑA

10 feb 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

Como tarefa para o ano en curso, Henrique Tello confía en que Alvedro poida manter o seu tirón e incrementar o volume de pasaxeiros. «O noso reto é conseguir un enlace nacional máis e unha ruta ao estranxeiro, preferentemente a Amsterdam, aínda que en primeira instancia nos pediron 1,5 millóns de euros por voar dous días», afirma. -¿Que pasou con Easyjet? -Fixemos unha oferta sen condicións e nin sequera responderon. Non quixeron negociar nada. Sentinme enganado, porque nos dixeron que se repuntaba o tráfico en Semana Santa quedarían, e aínda que nós cumprimos, eles non. Pese a todo, teñen as portas abertas para volver cando queiran. Todas as compañías aéreas teñen as portas abertas. -¿Como van os contactos con Turismo de Barcelona para entrar en Spanair? -Non coñezo esa proposta, pero acabamos de renovar o convenio con Spanair para dous ou tres anos máis e imos ver se poden ampliar destinos. -¿E Tap Portugal? -Estamos en conversas para ampliar o convenio, porque nos piden máis que o IPC de suba e non estamos moi de acordo, pero a sintonía é boa e vaise renovar. -¿Clickair? -Teñen contrato ata o 2010 e, aínda que nestes casos non se pode apostar, parece que non haberá sobresaltos no 2009. -¿Hai algo en marcha con Air Nostrum? -Moitas conversas abertas. Gustaríanos que operaran máis desde A Coruña, pero é unha liña cara, que busca un pasaxeiro de negocios. -¿Volverá algunha «low cost» a Alvedro? -Polas características do aeroporto, é difícil, aínda que non descartable. -¿E a aeroliña coruñesa? -Nun momento dado foi unha posibilidade real que estou seguro de que se retomará no futuro, pero o incremento do prezo do petróleo impediuna.