![Xabier Deive e Luís Iglesia protagonizan a obra](https://img.lavdg.com/sc/03ZsX3bCzqw21NK9pU5C4GX0xUg=/480x/2016/02/13/0012_201602HF13C10F1jpg/Foto/HF13C10F1.jpg)
Xunto ao actor Luís Iglesia protagoniza o espectáculo cómico-musical «Filosolfando»
13 feb 2016 . Actualizado a las 05:00 h.Despois de coincidir en varios traballos, Xabier Deive (Narón, 1970) e Luís Iglesia quixeron mostrar a súa faceta máis divertida co espectáculo Sede de mal, una comedia que os levou a recorrer setenta escenarios, e que lles deu pulo para facer unha nova montaxe cómico-musical -Filosolfando-, que esta noite presentarán no Fórum (21.00 horas, 9 euros)
-¿Que atoparán os espectadores neste novo espectáculo?
-É unha reflexión sobre o pensamento galego. Nós invitamos ao público a unha viaxe, a un cruceiro no que imos saír todos dispostos a espallar o pensamento galego polo mundo adiante, porque pensamos que o pensamento galego podería arranxar moitos dos problemas do mundo. Aos galegos non nos coñecen na ONU, porque senón virían a por nós. Con esta relatividade galega temos solución para moitos dos problemas do mundo.
-O presidente do Goberno en funcións é galego e a cousa non está para botar bombas...
-[Risas]. Ao mellor é precisamente por non afondar no pensamento galego.
-Volve a facer parella con Luís Iglesia, ¿xa son inseparables?
-Este é o terceiro espectáculo que facemos xuntos sobre o escenario, o segundo que facemos neste formato cómico-musical, e o cuarto se contamos con Misión Sapiens, que foi un espectáculo no que estabamos nós e outros tres monologuistas máis. Ademais, tamén coincidimos nas series de televisión Matalobos e Piratas. O que pasa é que como Matalobos foi unha serie de culto e cun éxito tan irresistible, nos segue sorprendendo hoxe en día, cinco anos despois, a resposta do público.
-¿Como levades a comedia?
-Moi ben. Máis que un monólogo este espectáculo é un binólogo con cancións. É un formato simpático para cambiar a imaxe seria que a xente ten de nós.