
Los populares proponen una declaración institucional de condena de los actos violentos y en apoyo a las fuerzas de seguridad del Estado
22 oct 2019 . Actualizado a las 13:30 h.La portavoz municipal del PP, Beatriz Mato, elevó esta mañana a los demás grupos políticos una propuesta de declaración institucional para que el Ayuntamiento de A Coruña condene los actos violentos ocurridos en A Coruña y respalde el trabajo de las fuerzas de seguridad del Estado en esa comunidad.
El documento será tratado en el próximo pleno municipal, que se celebrará a principios de noviembre. El texto de la declaración dice lo siguiente.
«Ante os graves disturbios que se están producindo nos últimos días nas distintas cidades de Cataluña, o Concello da Coruña reafirma o seu rexeitamento ante calquera manifestación de violencia e o seu compromiso na defensa da Constitución, a legalidade vixente e os principios, dereitos e liberdades que dela emanan.
Fronte á barbarie dos que perturban a convivencia pacífica entre os españois, as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, xunto aos Mossos d´Esquadra, veñen realizando un labor exemplar para a protección dos bens e para a seguridade de todos. Grazas ao seu traballo, profesionalidade e sacrificio, e a pesar da falta de respaldo institucional das autoridades autonómicas, a cidadanía de Cataluña teñen visto constatada a fortaleza e a vixencia do Estado de dereito.
Resulta imprescindible, nunha institución que debe cumprir e facer cumprir a Constitución e a legalidade vixente así como garantir a seguridade da cidadanía, amosar o recoñecemento de todos os españois á exemplar e abnegada labor que levan a cabo estes servidores públicos.
Por todo elo, o Concello da Coruña declara a súa máis firme condena dos actos violentos protagonizados nos últimos días por elementos radicais en Cataluña, manifesta a súa solidariedade e alento aos millóns de cidadáns que están a sufrir esta terrible situación e amosa o seu apoio incondicional ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, así como á Policía Autonómica catalana, e en especial a todos aqueis dos seus membros que teñen resultado feridos no desenvolvemento das súas funcións, pola súa impecable labor e a profesionalidade amosada para a defensa e protección dos dereitos e liberdades de todos».