Sesenta entidades súmanse á marcha pola devolución da casa Cornide

LA VOZ A CORUÑA / LA VOZ

A CORUÑA CIUDAD

Imaxe de arquivo da marcha cívica promovida por Defensa do Común no 2018, na que se parodiou aos principais protagonistas da adquisición da casa Cornide para os Franco.
Imaxe de arquivo da marcha cívica promovida por Defensa do Común no 2018, na que se parodiou aos principais protagonistas da adquisición da casa Cornide para os Franco. ANGEL MANSO

A quinta protesta organizada por Defensa do Común sairá o 14 de decembro dende a praza de María Pita 

27 nov 2024 . Actualizado a las 13:04 h.

Ata sesenta entidades da comarca da Coruña convocan para o próximo 14 de decemebro a quinta marcha pola devolución de casa Cornide da Coruña, hoxe en poder dos herdeiros de  Franco, co obxectivo de que o palacete da Cidade Vella volte ó patrimonio público. 

A protesta, organizada pola plataforma Defensa do Común, sairá ás 13.00 horas da praza de María Pita e culminará diante do propio edificio. O colectivo recorda que a moción pola devolución da casa Cornide ao patrimonio municipal foi aprobada por unanimidade no pleno da Coruña o 12 de setembro de 2019, que tamén acordou presentar unha demanda no xulgado para recuperar a propiedade, algo que «está pendente de resolución despois de presentar o concello as correspondentes informes históricos e xurídicos».  

Ademáis, Defensa do Común sinala que a Xunta iniciou oo 14 de maio do 2021 o expediente para declarar Ben de Interese Cultural (BIC) a Casa Cornide, declaración que se aprobpu o 27 de abril do 2023. «Dezanove meses despois a casa Cornide segue pechada a visitas públicas, infrinxindo a Lei de Patrimonio Cultural de Galicia que obriga aos propietarios a apertura de catro días ao mes e un mínimo de catro horas cada día cando hai unha declaración BIC, como é o caso», lamentan. Ao seu xuizo, «isto é posíbel pola permisividade da Xunta coa familia Franco, que alega agora que é unha vivenda particular e que alí vive xente, cousa totalmente falsa e posíbel de comprobar cunha inspección da Xunta». Reprocha ademais que «a Xunta considere que esta continuada infracción da lei é leve e anuncia unha proposta de sanción ridícula de 3.000 euros». Defensa do Común lamenta que o Goberno galego «non aplica unha sanción exemplar ao Franco por negarse reiteradamente a cumprir a lei, e a familia do ditador propón a apertura da Casa Cornide se hai un convenio coa Xunta. Estamos ante unha chantaxe, absolutamente inaceptable, que xa aceptou a Xunta de Feijóo no caso do pazo de Meirás, pagando aos Franco máis de 50.000 euros a través de varios convenios, que non se pode repetir», sinala antes de lembrar que «os Franco son hoxe multimillonarios grazas a todo o roubado polo ditador e deberían pagar integramente os gastos de apertura da Casa Cornide catro días ao mes. Se os Franco non queren asumir eses gastos deberían devolver esa propiedade ao concello da Coruña».

Además, insiste en que por parte dos herdeiros do ex xefe do Estado hai unha «continuidade ou persistencia na conduta infractora», podería considerarse «unha infracción penal, como sinala o artigo 289 do Código Penal: “O que por calquera medio destruíse, inutilizara ou danase unha cousa propia de utilidade social ou cultural, ou de calquera modo subtraésea ao cumprimento dos deberes legais impostos en interese da comunidade, será castigado coa pena de prisión de tres a cinco meses ou multa de seis a dez meses”».

O Manifesto da convocatoria da V Marcha esixe ao goberno municipal que traslade á Comisión de Honras e Distincións e ao Consello Municipal de Memoria Histórica, «sen

máis dilación», a proposta de retirada de rúas e distincións a Pedro Barrié de la Maza, Alfonso Molina Brandao e Sergio Peñamaría de Llano, «principais promotores do espolio do pazo de Meirás e Casa Cornide para beneficio do ditador Franco». A isto engaden a solicitude de que se execute a proposta do Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses para a retirada de rúas e distincións a 14 persoas «pola súa participación no Golpe de Estado de 1936, colaboradores ou cargos públicos na ditadura ou que participaron na represión», para dar así cumprimento a Lei de Memoria Democrática.