Un mal trago para o príncipe

Siro
Siro IMAXES DA TRANSICIÓN

SADA

12 jul 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

A pretensión de Carmen Polo e do marqués de Villaverde de que Franco deixase sen efecto o nomeamento de sucesor do príncipe Juan Carlos e pasase a selo Alfonso de Borbón, neto tamén de Alfonso XIII, converteuse nunha obsesión cando casou con Maricarmen, neta maior dos Franco. Ricardo de la Cierva di que Carmen Polo chegou a perder a chaveta e que fixo canto puido por forzar a vontade do caudillo. Por iso, cando o 19 de xullo de 1974 o presidente Arias acudiu ao hospital para que Franco, cunha grave tromboflebite, aprobase o traspaso temporal da xefatura do Estado ao príncipe Juan Carlos, o marqués quixo impedir que entrase na habitación, e cando Arias saíu coa orde asinada, chamoulle a berros «traidor». A tensión que se viviu no hospital aqueles días causou o cese de quen fora médico persoal de Franco durante trinta anos, Vicente Gil, que chegou ás mans co marqués.

Con Franco convalecente no pazo de Meirás, o marqués de Villaverde pediu que servisen unha copa ao príncipe; don Juan Carlos respondeu que xa tiña, e o marqués aclarou que era para o xenro. Franco interveu e dixo:

-El príncipe está servido, pónganle una copa al duque.

A intriga familiar fracasara.