Memorias de Sada amosa a transformación do concello no último século con 400 imaxes

D. V. SADA / LA VOZ

SADA

Unha das imaxes da exposición Memorias de Sada
Unha das imaxes da exposición Memorias de Sada Memorias de Sada

A mostra pode visitarse na Capela de San Roque

25 jul 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Memoria de Sada, colectivo que xurdiu tras un curso da aula CeMit organizado polo Concello, mostra na Capela de San Roque a evolución do municipio nos últimos 100 anos e programa ademáis unha exposición dos primeiros anos do século pasado na Feira Modernista. As dúas exposicións contan coa colaboración do Concello e se compoñen dunha selección de máis de 400 fotografías do arquivo do colectivo.

O horario de visita da mostra na Capela de San Roque é de martes a sábado, de 10.30 horas a 13.30 horas, e de 18.00 a 21.00 horas. A exposición de rúa da Feira Modernista a compoñerán dez paneis con 50 fotografías de finais do século XIX e principios do XX e poderase visitar na zona da feira do 29 ao 31 de xullo.

O Concello explica que na selección das fotografías, que datan de finais do século XIX a principios so século XX, se inclúen imaxes do tranvía, de La Terraza, estampas do deporte local, das festas ou dos oficios que se realizaban en Sada naquela época.