Todos os fitos históricos que veñen aparecendo na páxina web de La Voz están tratados en profundidade en A Gran Historia de Galicia , unha obra de 32 tomos que se comezará a distribuír xunto con La Voz o próximo 9 de setembro. O primeiro libro entregarase de forma gratuíta co xornal. As seguintes entregas terán lugar cada martes e xoves a un prezo de 3,95 euros por tomo, máis o custe do exemplar de La Voz.
Esta iniciativa editorial supón a recompilación de decenios de rigorosa investigación histórica, pero cunha redacción realizada pensando no gran público. Ademais das referencias históricas clásicas do país, A Gran Historia de Galicia introduce por primeira vez nunha colección destas características temas como a relación entre Galicia e América.
Equipo de investigadores
O grupo de investigadores que fixeron posible unha obra deste calado estivo coordinado por dous dos grandes referentes do estudo e divulgación da historia galega: Xosé Ramón Barreiro Fernández, presidente da Real Academia Galega, e Ramón Villares Paz, presidente do Consello da Cultura Galega. Ambos están á cabeza dunha extensa nómina de especialistas.