«Unhas relacións fluídas entre institucións»

La Voz

CULTURA

O Presidente do Consello da Cultura Galega considera que, institucionalmente, é «unha boa decisión que Cultura continúe sendo unha consellería e mesmo parece axeitado que Turismo estea xestionado canda Cultura pola relación directa que se dá en Galicia entre o patrimonio e o turismo, xa estivo así noutro tempo». Engadiu que «a relación entre Cultura e o Camiño de Santiago aconsellan esta combinación». Ramón Villares sinalou tamén ante o nomeamento que espera que se poidan establecer «unhas relacións fluídas entre as institucións».