Os editores consideran o libro dixital como un paso inevitable, aínda que non estea definido o seu soporte

CULTURA

13 nov 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

O libro dixital é un paso inevitable aínda que non se saiba polo momento que soporte será dominante para esa lectura. O libro dixital é o protagonista do Simposio do Libro e a Lectura que comezou onte no Consello da Cultura organización pola Asociación Galega de Editores e que remata hoxe.

O desembarco no dixital que acaban de realizar Edicións Xerais e Galaxia deu argumentos ao comezo do simposio no que se debateu o papel que xogará o libro dixital e as posibilidades que están abertas para a súa comercialización.

Para Chema García, director comercial de Publidisa, a plataforma na que está integrada a oferta dixital tanto de Xerais como de Galaxia, «hace cuatro o cinco años que hablamos del libro digital y de su posible mercado, pero ahora estamos mucho más cerca de que sea una realidad». García explicou que en casos como as ventas norteamericanas do último libro de Dan Brown «el digital podría suponer un 10% del total, pero ese porcentaje supone que ese mercado está funcionando».

Tampoco hai acordo sobre o soporte que dominará a lectura no futuro, ademais del papel, aínda que a maioría inclinase por un aparello multiusos no que estén funcións diversas: comunicación, música, lectura. Segundo explicou Javier Jiménez, de Paradigma del libro, «el soporte irá cambiando como lo ha hecho hasta ahora porque estamos ante un cambio de forma e leer, no de soporte». Pedro Silva, de Algueirada, considera también que os soportes para a lectura dixital terán que ter unha «conectividade permanente» e por iso encontra que os «actuais lectores non serán o soporte fundamental».

A outras das cuestións debatidas e sobre os dereitos de autor. Para Chema García o reparto económico permanecerá máis ou menos igual pero «cambiando unas cosas por otras».

Pedro Silva considera, pola contra, que non é lóxico que se manteñan os DRM (o control dos dereitos de autor) cando na práctica o proceso «pode resolverse con ferramentas de software libre» e «non hai ningún sistema de DRM que non poida ser esquivado».

Os editores, como explicou, o presidente da AGE, consideran tamén que o libro dixital comportará «un novo modelo de negocio que será definindo segundo evolucione». Da mesma idea é Pablo Odell, de Toklan, quen asegurou que o mercado do libro dixital «se irá adaptando a aquello que la gente esté dispuesta a pagar por los libros, en función de eso se establecerán las posibilidades y los márgenes de cada uno».