O CGAI programa para este mes unha retrospectiva dedicada ao cineasta norteamericano Peter Hutton

La Voz

CULTURA

02 may 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

O CGAI acolle este mes de maio unha retrospectiva sobre o cineasta norteamericano Peter Hutton. Trátase dunha figura imprescindible para comprender a evolución do cine documental-experimental e toda unha tradición paisaxística artística estadounidense que viría de Thomas Cole e os iluministas, concretándose no cine en xentes como Rodakiewciz, Strand, James Benning ou o mesmo John Ford.

Serán seis sesións: a primeira de elas terá lugar o luns día 24 ás 20.30 horas con July?71 in San Francisco, Living at Beach Street, Working at Canyon Cinema, Swimming in the Valley of the Moon, New York, Near Sleep for Saskia, Florence e Boston Fire; na segunda pasaranse o mércores 26 ás 20.30 horas Images of Asian Music e New York Portrait I, II e III; na terceira, o venres 28 ás 18.00 horas, proxectaranse Budapest Portrait e Lodz Simphony e o mesmo día pero ás 20.30 horas terá lugar a cuarta con At sea. Landscape, In titan's Globet, Study for a river, Time and Tide pasaranse no quinto pase previsto para o sábado 29 ás 18.00 horas; e a última sesión será o luns 31 ás 20.30 con Looking at the sea, Skagfjördur, Two Rivers.

Así mesmo a programación do mes de maio inclúe dúas curtas de Wimukthi Jayasundara; o pase dalgunhas películas premiadas recentemente nos Mestre Mateo, como Celda 211, Conexión, Mulleres da raia ou ¿Qué culpa tiene el tomate?, o segundo ciclo de Premis Gaudí que inclúe T res días con la familia, 23-F, el día más difícil del Rey e Cher Ami; a cuarta parte do ciclo New Hollywood Novos Thrillers ; a quinta entrega da serie dedicada a Samuel Fuller; varias cintas Fóra de serie e outras dirixidas ao público infantil. Todas as películas proxéctanse en versión orixinal. O prezo da entrada é de 1,20 euros.