Marina Castaño terá un cargo honorífico, pero a «presidencia efectiva» será do conselleiro

La Voz REDACCIÓN/LA VOZ.

CULTURA

26 jun 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

Marina Castaño, viúva do nóbel Camilo José Cela, terá una presidencia meramente honorífica e sen ningún poder executivo no novo padroado da fundación. Así o puxeron de manifesto onte fontes de Cultura ao asegurar que «o acordo do Consello da Xunta establece que sexa o conselleiro da Xunta de Galicia competente en materia de cultura quen ostente o cargo de presidente do Padroado da Fundación Camilo José Cela. En virtude deste acordo, será o conselleiro de Cultura quen exerza a presidencia efectiva da fundación. Marina Castaño López ocupará únicamente a presidencia de honra da institución, en cumplimento coa vontade expresada polo nóbel antes do seu falecemento».

Engaden as devanditas fontes que o padroado estará composto por un mínimo de 20 e un máximo de 25 membros e que formarán parte del como membros natos: o alcalde do Concello de Padrón, o reitor da Universidade de Santiago, os presidentes das deputacións provinciais da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra; como membros permanentes: os conselleiros da Xunta competentes en materia de Cultura e de Educación; e outros membros designados: un polo Rei, un pola Universidade de Santiago, un pola Universidade Camilo José Cela e nove pola Xunta de Galicia.