«Son malos tempos para a lírica». Así resumiu o director de Ámbito Cultural de El Corte Inglés, Ramón Pernas, a sombra que a crise deitou sobre o acto. Pernas aludiu a unha «banalización da cultura» á que hai que facer fronte dende o libro, e tivo tamén unha agarimosa lembranza para Kristina Berg, presidenta da Fundación Carlos Casares, finada hai poucos días. O conselleiro de Educación e Cultura, Xesús Vázquez, lembrou a pioneira iniciativa da Biblioteca Gallega do fundador de La Voz, Juan Fernández Latorre, «que pervive en espírito» neste premio e apelou á «unidade, entendemento e colaboración en tempos de crise». Pechou o acto o director de La Voz, Xosé Luís Vilela, quen asegurou que a novela premiada fará disfrutar a moitos lectores e convidou aos creadores a mirar para arriba, «ao ollo do pozo, e ver a marabilla», para superar as actuais dificultades.