Novos apoios para que Ferrín siga como presidente da Academia

redacción / la voz

CULTURA

Ferrín presidirá hoxe o seu último acto público á fronte da RAG

09 mar 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

A Asociación Cultural Xermolos de Guitiriz sumouse onte ás peticións formulados nos últimos días para que Xosé Luís Méndez Ferrín siga á fronte da Real Academia Galega. Nun comunicado remitido onte á RAG, a asociación subliñou que «Galicia necesita da presenza activa de Ferrín na Academia» e que este tipo de entidades culturais de base contaron sempre «coa colaboración deste mestre, sobre todo co seu alento, para seguir loitando polo país».

Ingreso de Ferreiro

Por outra banda, Ferrín presidirá hoxe na sede da RAG o seu último acto público á fronte da Academia. Será a cerimonia de ingreso na corporación do escritor e xornalista Xosé Fernández Ferreiro, ao que dará resposta o académico Manuel Rivas.