Cultura achega 150.000 euros a 10 mostras escénicas

Redacción / La Voz

CULTURA

A concesión destas axudas súmase este ano aos 60.000 euros cos que o departamento autonómico contribuíu coa Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia

12 ago 2014 . Actualizado a las 09:24 h.

A Consellería de Cultura acaba de resolver a adxudicación dun total de 150.000 euros a 10 festivais e mostras profesionais de artes escénicas. A concesión destas axudas súmase este ano aos 60.000 euros cos que o departamento autonómico contribuíu coa Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia.

Entre os festivais destacamos: o Festival Internacional Outono de Teatro (27.864 euros); o Festival Internacional de Teatro de Ourense (24.774 euros); a Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (21.343 euros); o Festival Internacional Galicreques de Santiago de Compostela (19.204 euros); o Festival Internacional de Títeres de Redondela (18.000 euros); o Festival Alternativo das Artes Escénicas de Vigo (13.307 euros); o Festiclown 2.0 de Lugo (9.188 euros); a Mostra de Teatro Galego de Cariño (6.807 euros); o Festival de Teatro Galego do Carballiño (6.706 euros); e o Festival de Danza e Artes do Corpo en Ourense (2.802 euros).