A cinta foi a mellor valorada polo xurado de entre as vinte e cinco que concorrían a este galardón
30 sep 2014 . Actualizado a las 05:00 h.O filme galego Schimbare, dirixido por Álex Sampayo, gañou a pasada fin de semana o premio á mellor película internacional no San Diego Film Festival, en EE.UU. Esta ópera prima era a única cinta española elixida para competir na categoría e foi a mellor valorada polo xurado de entre as vinte e cinco que concorrían a este galardón, no que algunhas estaban seleccionadas para competir na carreira dos Óscar.
San Diego, na súa 13.ª edición, é un dos festivais e escaparates de cine independente con máis recoñecemento mundial. Do mércores ao domingo, máis de 100 películas foron proxectadas no festival, entre elas Schimbare. O propio Sampayo recolleu o galardón nunha gala celebrada no U.S. Grant Hotel.
Schimbare continuará a súa andaina internacional no Mumbai Film Festival da India e na Balinale International Film Festival de Indonesia, entre outros. Rodouse a finais do 2013 entre Galicia e Hungría, e conta con Candela Peña, Luís Zahera e Sandra Mokrzyzka como protagonistas.